Negra sombra

Follas novas, 1880

Cando penso que te fuches,Negra sombra que m'asombras,Ó pe d'os meus cabezalesTornas facéndome mofa.Cando maxino qu'es idaN'o mesmo sol te m'amostras,Y eres a estrela que brila,Y eres o vento que zóa.Si cantan, ês tí que cantas,Si choran, ês tí que choras,Y-ês o marmurio d'o ríoY-ês a noite y ês a aurora.En todo estás e ti ês todo,Pra min y en min mesma moras,Nin m'abandonarás nunca,Sombra que sempre m'asombras.

From Follas novas (1880), via the Galician Wikisource transcription. The first edition's spelling is kept.

Public domainThis poem is in the public domain. You may read it, copy it, recite it and publish it without asking anyone.